Ángel Basanta: «A Casares pásalle o que lle pasou no seu día a Cunqueiro»

«Non é o escritor máis seguido agora, pero volverá», asegura o experto

Ángel Basanta participou onte en Compostela no curso da UIMP sobre Carlos Casares.
Ángel Basanta participou onte en Compostela no curso da UIMP sobre Carlos Casares.

Santiago / La Voz

Ángel Basanta abriu onte o curso da Universidad Internacional Menéndez Pelayo (UIMP) sobre Carlos Casares. Basanta, crítico literario, centrou a súa intervención na narrativa do autor de Os escuros soños de Clío.

-¿Como se le hoxe a narrativa de Carlos Casares?

-O primeiro que hai que dicir é que foi unha narrativa truncada na súa madurez. Casares morreu novo e tivo unha carreira literaria ascendente que quedou cortada. Pero se teño que dicir algo do conxunto da súa obra diría que é un exemplo perfecto de tradición e modernidade. Escolleu de xeito deliberado o realismo e foi aplicándolle descubertas das técnicas narrativas do século XX que el coñecía moi ben.

-¿Cre que as súas múltiples actividades ocultaron en algo a súa escrita?

-Probablemente de non ser director de Galaxia ou presidente do Consello da Cultura podería ter escrito un par de novelas máis, pero non se pode quitar nada do que fixo porque poderiamos ter dous libros máis, pero a cultura galega probablemente sería máis pobre.

-¿Cre que a obra de Casares conecta cos lectores e cos autores máis novos?

-Non é dos autores que está máis presente no discurso de agora. Pero isto pasa sempre. Os fillos empezan matando ao pai. Os lectores novos e os narradores novos han contar con el. A Casares pásalle o que lle pasou a Cunqueiro, aínda que os motivos son diferentes. Pero son autores que sempre volven. Sempre pasa: despois de morrer pasan vinte anos e logo volven. Sempre hai ese deserto.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
9 votos

Ángel Basanta: «A Casares pásalle o que lle pasou no seu día a Cunqueiro»