Alfonso Sucasas obtén a título póstumo o premio da Insua dos Poetas

Foi un dos galardonados da cuarta edición da Festa das Palabras, que se celebra o vindeiro sábado en O Carballiño

<"> la voz < span>

O vindeiro sábado, 28 de xullo, terá lugar na Insua dos Poetas (Esgueva, O Carballiño) a cuarta edición da Festa da Palabra, dedicada este ano a Celso Emilio Ferreiro no centenario do seu nacemento e no cincuenta aniversario de Longa noite de pedra. Na xornada, que dará comezo ás once e media da mañá, descubrirase a escultura Irmaus, do artista ourensán Manuel Penín, e realizarase a entrega dos premios Setecarballas da Insua dos Poetas, que onte deu a coñecer o xurado.

Nas principais categorías os galardonados foron Víctor Campio, en litetatura; Alfonso Sucasas, a título póstumo, no apartado de artes plásticas; Antonio González, párroco de O Irixo, en medio ambiente; a Asociación Ourensana de Hemofilia en Acción Social; e o Centro Partido do Carballiño en Buenos Aires no ámbito da Emigración.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos

Alfonso Sucasas obtén a título póstumo o premio da Insua dos Poetas