Ramón Neto gaña o galardón de poesía Miguel González Garcés

redacción / la voz

CULTURA

O arousán recibirá 6.500 euros máis a publicación da obra premiada, «As Lavandas adáptanse a todo erro de navegación»

19 jul 2012 . Actualizado a las 11:30 h.

Ramón Neto foi o gañador do premio de poesía Miguel González Garcés organizado pola Deputación da Coruña, pola obra As Lavandas adáptanse a todo erro de navegación.

Neto naceu na Illa de Arousa e este é o segundo premio de poesía que obtén, tras gañar en 2009 o premio Pérez Parallé co libro A estación única dunha illa, publicado ao ano seguinte por Espiral Maior. O premio González Garcés ten unha dotación de 6.500 euros máis a publicación da obra.

A finalista desta decimosexta edición do premio foi Ledicia Costas polo poemario Satén.