O Congreso ratificou a dotación de 682.000 euros para a Academia

Ferrín agradeceu a Feijoo que se «impuxese» para corrixir «unha inxustiza»

c. franco santiago <"> la voz < span>
madrid, redacción / la voz

A incorporación da emenda do PP ao ditame da comisión de orzamentos do Congreso resolve finalmente a dotación que o Estado destinará á Real Academia Galega. A cantidade final aprobada é de 682.000 euros, 300.000 máis da fixada inicialmente nos presupostos. O aumento desa partida implicará unha redución na asignación que percibirán o Institut d?Éstudis Catalans e a Real Academia de la Lengua Vasca-Euskaltzaindia, que finalmente contarán con idéntico orzamento que a institución galega. O Goberno esgrime a imposibilidade de aumentar os fondos para estas entidades en tempos de crises e por iso optou por igualar ás tres.

A emenda do PP non foi debatida e incorporouse directamente ao ditame, ao ser presentada polo grupo que apoia ao Goberno, que conta con maioría absoluta. Si se votaron as presentadas polo BNG, que reclamaba 619.000 euros máis para a RAG, e a do Grupo Socialista, que pedía un aumento de 600.000 euros, ata situala nos dous casos no limiar do millón de euros. Ambas foron rexeitadas co voto en contra do PP.

No debate, o portavoz do BNG, Francisco Jorquera, explicou que os 381.00 asignados inicialmente á RAG supoñen un «recorte inxustificable» do 62 % respecto da dotación dos Orzamentos do 2011. Para o PSOE, a negativa a aceptar a súa emenda supón na práctica un recorte de 300.000 euros para a Academia respecto ao ano anterior.

Un agravio corrixido

O presidente da Real Academia Galega mostrouse satisfeito e agradecido da resolución dunha situación que «saíu da mellor maneira posible». Xosé Luís Méndez Ferrín expresou onte o agradecemento da Academia a todos os que «colaboraron na solución desta inxustiza» e sinalou que era xusto agradecer o traballo feito polos deputados galegos en Madrid, tanto do PP, como do PSOE ou do Bloque. Tamén afirmou: «É de xustiza recoñecer o amparo que nos deu o presidente da Xunta, que se impuxo para corrixir o agravio, o que di moito da súa galeguidade».

Para Ferrín, o traballo dos deputados galegos en Madrid merece o seu agradecemento «e tamén un recoñecemento porque defenderon o seu país».

Sinalou que hai que agradecer ao PP e a Ana Belén Vázquez que fixeran posible esta solución, pero sinalou que «todos os deputados galegos colaboraron en conseguir unha circunstancia mellor».

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
5 votos

O Congreso ratificou a dotación de 682.000 euros para a Academia