Ferrín anuncia a creación dunha Asociación Protectora da RAG


Ante os problemas de financiamento polos que ten pasado a institución, Xosé Luís Méndez Ferrín anunciou onte que a RAG estuda crear unha Asociación Protectora da Academia, na que conflúa a presenza de particulares, empresas privadas e institucións que queiran participar dun xeito activo na defensa da corporación. Ferrín augurou a súa posta en marcha para «un día non moi lonxano». Segundo o presidente da RAG, a entidade permitiría a participación de todos os «que se queiran unir para protexer e garantir o futuro dunha institución francamente pobre e necesitada».

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
1 votos

Ferrín anuncia a creación dunha Asociación Protectora da RAG