Fernández Paz, Queipo, Calveiro e Fernando Méndez, finalistas na Noite da Edición

la Voz

O 9 de marzo, venres, celebrarase en Santiago a entrega de premios da Noite da Edición, gala na que os editores galegos conceden os premios aos mellores libros e autores do exercicio pasado.

Nos galardóns deste ano serán finalistas como mellor libro de ficción catro novelas, Non hai noite tan longa, de Agustín Fernández Paz; Deus xogando aos dados, de Fernando Méndez; Extramunde, de Xavier Queipo; e Centauros do Norte, de Marcos Calveiro. Na categoría que escollerá o mellor autor hai tres candidatos: Xavier Queipo, Agustín Fernández Paz, que figuran entre os autores con novelas finalistas, e mais Antón Riveiro Coello. No apartado de poesía son candidatos ao mellor libro Poesía completa de Lois Pereiro, editado por Xerais; Bretemada 1917-1922, de Gonzalo Abente, editado por Alvarellos; Un mundo de mulleres, de Carmen Blanco, editado por Biblos; e O mariñeiro con cabalos matutinos baixo o vestido, de Elías Knör, e Edicións Barbantesa. A entrega será no Hotel Quinta da Auga.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos

Fernández Paz, Queipo, Calveiro e Fernando Méndez, finalistas na Noite da Edición