Tres autores galegos, finalistas nos premios Max de teatro

redacción / la voz

CULTURA

Nas categorías xerais, a favorita é «Veraneantes», cun conxunto de catorce candidaturas

16 feb 2012 . Actualizado a las 07:00 h.

Santiago Cortegoso, por Molotov 0,7; Roberto Salgueiro, por Memoria de Helena e María, e Avelino González, Artur Trillo e María Ordóñez, por Pelos na lingua, son as tres candidaturas finalistas nos premios Max como mellores autores en galego, con obras estreadas durante o ano pasado e escritas orixinalmente en galego.

Nas categorías xerais, a favorita destes premios que se coñecerán no mes de abril é Veraneantes, que ten en conxunto catorce candidaturas nestes galardóns. A bastante distancia, está situada La avería, que reúne sete candidaturas.