Cheos de actualidade
Resulta imposible non relacionar ambos os dous poemas inéditos con feitos tan actuais como o movemento dos indignados. De igual modo, Longa noite de pedra, malia chegar aos cincuenta anos, é un libro «cheo de actualidade», segundo Nicolás, ademais de ocupar un lugar «fundamental na poesía galega de todos os tempos». «Proporcionoulle celebridade, musicáronse ducias de poemas do libro, reeditouse innumerables ocasións, abriulle o camiño aos lectores peninsulares mais tamén foi, indirectamente, responsable dunha lectura unívoca da súa obra e agocha outras facetas creativas, coido que moi relevantes nel, como a narrativa», conclúe.