«O soño dourado» leva a Ferrol a súa homenaxe a Cunqueiro

redacción / la voz

CULTURA

A primeira cita deste espectáculo terá lugar hoxe, ás 20 horas, no Auditorio Novacaixagalicia

23 sep 2011 . Actualizado a las 06:00 h.

O ciclo Galicia Classics rende homenaxe ao escritor Álvaro Cunqueiro no ano do seu centenario coa programación do espectáculo O soño dourado. De Rosalía a Cunqueiro, un recital poético e musical da Agrupación Lírica Ofelia Nieto.

A primeira cita deste espectáculo terá lugar hoxe, ás 20 horas, no Auditorio Novacaixagalicia en Ferrol. O 2 de outubro, ás 19 horas, o recital chegará á Biblioteca da Cidade da Cultura, en Santiago.

O soño dourado é un recital con guión e dirección de Antón de Santiago, que tamén actúa como barítono e actor, e que estará acompañado por Patricia Morchón, soprano e actriz. Da parte musical encárgase o conxunto instrumental Cítola. No espectáculo inclúense obras de Rosalía de Castro, Curros Enríquez, Ramón Cabanillas, Pimentel, Novoneyra e Fernán Vello.