Roberto Varela: «Tras as eleccións ocupareime persoalmente de que o Goberno central colabore con nós»


Como conselleiro, era onte a primeira vez que visitaba Baroña; como turista, recoñeceu no lugar que a praia anexa era un lugar recorrente da súa mocidade e apunta que son moitos os recordos que ten do xacemento.

- ¿Custoulle moito chegar ao castro en coche? Dígolle isto porque non existe sinalización na estrada que indique onde está o xacemento...

- Haberá que tomar nota diso, sobre todo a quen lle corresponda.

- Coa declaración BIC aprobada no papel, ¿como se verá reflectido iso no práctica?

- Establece unha serie de obrigas e prohibicións. Ademais temos que recordar que este terreo conta con outra Administración con competencias, que é o Goberno central, xa que é unha zona de dominio público marítimo-terrestre.

- Fala das competencias de Madrid en Baroña, ¿existen sinerxías entre a Xunta e o Goberno central para recuperar o asentamento ou esperarán ás eleccións?

- A única maneira é traballar de maneira conxunta. Tras as eleccións ocupareime persoalmente de que o Goberno central colabore con nós. Tamén é certo que en Galicia temos un patrimonio inmenso que non deixa de crecer e intentamos racionalizar o gasto para conservalo todo o mellor posible.

- ¿O traballo de conselleiro é sempre grato ou ás veces produce malas pasadas, como a polémica que existiu en torno a este castro?

- Ten malos momentos, pero as satisfaccións son moitas.

- ¿Entón ten corda para rato?

- Eu teño forzas, pero esa decisión non é unicamente miña.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
1 votos

Roberto Varela: «Tras as eleccións ocupareime persoalmente de que o Goberno central colabore con nós»