Libros que desaparecen e libros que nacen para os lectores

La Voz

CULTURA

08 jul 2011 . Actualizado a las 06:00 h.

A desaparición do Códice Calixtino foi un grandes argumentos da noite. Tanto Ramón Pernas, director do Ámbito Cultural de El Corte Inglés, como Francisco López, director xeral do Libro da Xunta referíronse nos seus discursos a un suceso do que, segundo Pernas, «fálase del en todo o mundo». Para López «é magoa que teñan que pasar estas cousas para que todo o mundo fale dun libro de noso». O director xeral sinalou que o Premio de Novela por Entregas podía parecer un anacronismo cando se iniciou hai once anos, pero agora quedou demostrado que foi adiantarse ao seu tempo». Ramón Pernas apuntou que este era un premio que demostra a «vitalidade literaria» e a capacidade de adaptación da literatura aos medios.