Ábrese o prazo para os premios da Cultura Galega

santiago / la voz < / span>

CULTURA

As categorías previstas nestes galardóns son: Letras, Artes Plásticas, Artes Escénicas, Iniciativas en Prol do Patrimonio Cultural, Promoción Cultural de Galicia, Música e Creación Audiovisual.

22 jun 2011 . Actualizado a las 06:00 h.

Desde hoxe, e por un prazo de dous meses, estará aberto o prazo de presentación de candidaturas para os Premios da Cultura Galega.

As categorías previstas nestes galardóns son: Letras, Artes Plásticas, Artes Escénicas, Iniciativas en Prol do Patrimonio Cultural, Promoción Cultural de Galicia, Música e Creación Audiovisual.

O xurado dos premios estará presidido polo conselleiro de Cultura, Roberto Varela Fariña, e nel estarán representadas distintas institucións galegas, entre elas as tres universidades, o Consello da Cultura, a Real Academia de Belas Artes Nosa Señora do Rosario, a Dirección xeral do Libro, Bibliotecas e Arquivos e catro profesionais de recoñecido prestixio, designados pola Consellería de Cultura e Turismo.