O Instituto da Lingua compila o galego oral en dúas mil horas de gravación

Este arquivo foi presentado onte no Colexio de Fonseca nun acto presidido polo reitor da Universidade de Santiago (USC), Juan Casares Long.

la voz

Dúas mil horas de gravacións, 7.000 informantes da práctica totalidade dos 315 concellos galegos e boa parte dos 38 das comarcas de fala e cultura galegas de Asturias, León e Zamora e de tres lugares de Cáceres conforman o Arquivo Galego Oral (AGO) do Instituto da Lingua Galega (ILG).

Este arquivo foi presentado onte no Colexio de Fonseca nun acto presidido polo reitor da Universidade de Santiago (USC), Juan Casares Long. O profesor Francisco Fernández Rei destacou como, dende a súa función en 1971, o Instituto da Lingua Galega da USC, que este ano cumpre o seu corenta aniversario, veu facendo da recolleita sistemática do galego oral unha das súas principais liñas de investigación. Persoal investigador do Instituto realizou gravacións de etnotextos (mostras do galego oral recollidas a xente anónima sobre algún tema referido á súa vida ou a manifestacións da cultura popular, entre outros). Esas gravacións, xunto con outras en depósito, constitúen o Arquivo do Galego Oral que, subliñou Fernández Rei, pretende ser «o corpus informático do galego oral». O obxectivo final do arquivo será poñer en Internet un banco de textos orais catalogados que configuren un «atlas da oralidade». O material dispoñible desde onte confórmano 43 etnotextos sobre a Guerra Civil e a posguerra, crenzas, lingua e costumes. O arquivo conta con cinco subarquivos, o primeiro conformado por tres etnotextos de caracter popular.

Newsletter Educación

Recibe todas las semanas la información más relevante sobre educación

Votación
0 votos

O Instituto da Lingua compila o galego oral en dúas mil horas de gravación