Xerais publica a biografía en forma de cómic de Jacobo Fernández Serrano

santiago / la voz

CULTURA

19 may 2011 . Actualizado a las 06:00 h.

Breve encontro, un título que Lois Pereiro tomou dunha película con néboa ferroviaria, é o que escolleu Jacobo Fernández Serrano para a súa biografía en forma de cómic sobre o escritor de Monforte. A novela gráfica, coeditada por Xerais e a Xunta, chegará ás librerías a principios de xuño. Entretanto, Xerais puxo a disposición dos internautas as 24 primeiras páxinas.

O autor explica que el non coñeceu a Lois Pereiro, pero leu a súa obra, documentouse e trazou unha historia segundo as súas visións dos personaxes. O director de Xerais, Manuel Bragado, salienta o labor de documentación do debuxante. Jacobo Fernández Serrano ponlle imaxes a algúns dos principais poemas do escritor. O libro fabula con autores ou personaxes que Pereiro recoñeceu como ascendentes, de Thomas Bernhard a Tintín.