Tributo do Círculo de Bellas Artes de Madrid

La Voz

CULTURA

18 may 2011 . Actualizado a las 06:00 h.

Esta semana, algunhas institucións culturais de Madrid homenaxearán a Lois Pereiro, quen comezou os seus estudos universitarios nesa cidade. Mañá, por exemplo, será o Círculo de Bellas Artes o que recordará a figura do escritor nunha mesa redonda titulada Nas libres coordenadas do futuro e na que participarán Alfonso Armada, Fermín Bouza, Mercedes Monmany, Antón Patiño e Xosé Manuel Pereiro. A mesa redonda terá lugar a partir das 20.30 horas, no Círculo de Bellas Artes de Madrid.