Homenaxe e concerto en Redondela

La Voz

CULTURA

18 may 2011 . Actualizado a las 06:00 h.

Dúas charlas e un concerto con letras de Lois Pereiro constituirán a honra que se brinda ao autor homenaxeado no Día das Letras Galegas desde Redondela. Mañá, no Multiusos desta localidade, a partir das 20.00 horas, haberá unha presentación que correrá a cargo de Lino Braxe e Xurxo Souto. A continuación, terá lugar un recital ofrecido por Manu Clavijo. Este artista acaba de publicar un disco no que musicou algunhas das letras do escritor de Monforte.