La Voz ofrece hoxe o libro «Lois Pereiro en 17 voces»

redacción / la voz

CULTURA

17 may 2011 . Actualizado a las 06:00 h.

La Voz de Galicia ofrece hoxe aos seus lectores o libro Lois Pereiro en 17 voces, unha obra que pretende reflectir unha visión o máis completa posible dun poeta que se pode abordar dende múltiples ángulos. Cun enfoque orixinal, o volume emparella 17 poemas de Pereiro coas achegas doutros tantos escritores, xornalistas ou amigos do autor, que elixen os versos e reflexionan sobre o seu alcance. No libro escriben Lino Braxe, César Casal, Arturo Casas, Salvador García-Bodaño, Lupe Gómez, Julián Hernández, Margarita Ledo Andión, Miguel Mato Fondo, Pilar Pallarés, Antón Patiño, Xosé Manuel Pereiro, Mercedes Queixas Zas, Antón Reixa, Manuel Rivas, Cesáreo Sánchez Iglesias, Xavier Seoane e, por último, Eva Veiga.

O libro forma parte colección Letras Galegas da Biblioteca Gallega, creada en 1885. Nos últimos anos dez dedicáronse traballos aos autores homenaxeados cada 17 de maio coa festa da lingua galega.