Cinco visións sobre o escritor

La Voz

CULTURA

17 may 2011 . Actualizado a las 06:00 h.

O presidente da Academia e o alcalde de Monforte presentaron o acto que comezará ás 11.30 cunha recepción na Casa do Concello e que terá o seu prato forte na sesión plenaria extraordinaria das 12.15 na Casa da Cultura, coa intervención de cinco académicos. Manuel Rivas, «amigo da alma» de Pereiro, segundo Ferrín, fará unha achega «cómplice», mentres que Margarita Ledo, especialista en imaxe, falará dos aspectos máis visuais do escritor, e Darío Xohán Cabana fará o propio coa súa poesía. Antón Santamarina centrarase na faceta lingüística e Luz Pozo Garza manterá un diálogo entre dúas xeracións literarias. Pechará o acto o discurso de Xosé Luís Méndez Ferrín e a interpretación himno galego.