Repaso á relación do autor monfortino coa década dos oitenta

La Voz

CULTURA

15 may 2011 . Actualizado a las 06:00 h.

Novacaixagalicia reunirá o vindeiro martes dúas celebracións nunha. A propia do 17 de maio, en relación con Lois Pereiro, e a do Día dos Museos, que se festexa o vindeiro mércores, día 18. Para celebrar ambas conmemoracións, os Espazos Colección de Santiago e Vigo ofrecerán unha visita guiada relacionando a arte dos oitenta coa obra de Lois Pereiro.

Comezando pola obra de Vari Caramés ou de Antón Patiño, a visita irá profundizando no panorama artístico dos anos oitenta e nas raíces dos principais creadores desa época. A visita terá horarios de mañá e tarde, comezando ás doce do mediodía e ás sete da tarde.

Actos en Monforte

O vindeiro martes terán lugar os actos oficiais da Real Academia Galega. Desenvolveranse ao longo de toda a mañá na Casa de Cultura de Monforte. A partir das once e media comezará a actividade, coa recepción no Concello. A partir das doce empeza a sesión plenaria da Real Academia, na que intervirán os académicos Manuel Rivas, Margarita Ledo, Darío Xohán Cabana e Antón Santamarina, e que pechará Méndez Ferrín.