«Por una causa justa» muestra la etapa prosoviética del escritor Vasili GrossmanE Lois Pereiro volveu ao Incio

a. G. F. madrid / efecarlos cortés MONFORTE / LA VOZ

CULTURA

Homenaxean ao escritor cunha camiñada entre as aldeas dos seus avós

01 may 2011 . Actualizado a las 06:00 h.

Antes de llegar a la abierta crítica al totalitarismo que mostraba en Vida y destino, el escritor ruso Vasili Grossman pasó por una época de acérrima defensa de la revolución soviética, que reflejó en un libro que ve ahora la luz en español, Por una causa justa. Un libro en el que ya despunta la destreza de Grossman para trazar frescos populistas a través de una interminable serie de personajes cuyas vidas se mezclan y entrelazan en una época histórica convulsa.

Si Vida y destino se centraba en la batalla de Stalingrado (junio 1942-febrero 1943), Por una causa justa comienza en abril de 1942 y se ubica en el primer año de la entrada de las tropas nazis en territorio ruso. Periodista del Estrella Roja, tras ser rechazado como combatiente, Grossman (1905-1964) vivió la Segunda Guerra Mundial como enviado especial y plasmó sus experiencias en una serie de crónicas, pero siempre le rondó la idea de escribir una novela de ficción que reflejara lo que había vivido. Un proyecto que repartió en varios volúmenes. El primero fue Por una causa justa, que apareció en 1952 y que le granjeó una inmediata fama en Rusia por su defensa del régimen soviético.

Reádigos e O Viso son as dúas aldeas do Incio nas que transcorreron os veráns da infancia de Lois Pereiro. O escritor monfortino, que protagoniza este ano o Día das Letras, foi recordado onte cunha marcha a pé entre estes dous lugares, polos mesmos catro quilómetros que el percorría canda seus irmáns para ir da casa dos avós paternos á dos maternos. A homenaxe rematou cunha festa, despois dun recitado ao pé da tumba de Lois Pereiro e da colocación na casa familiar do escritor dunha placa co poema que tamén está gravado na súa sepultura: «Cuspídeme enriba cando pasedes por diante do lugar onde eu repouse, enviándome unha húmida mensaxe de vida e de furia necesaria».

«En principio, isto estaba pensado só para algúns familiares e amigos e para autores das publicacións que están saíndo sobre Lois», contaba o seu irmán, Xosé Manuel Pereiro, no tramo final da camiñata, co campo da festa de Santa Cristina do Viso xa á vista. Pero a convocatoria, impulsada pola agrupación cultural A Ouriceira, do Incio, trascendeu e foi tomando corpo de roteiro literario bautizado co lema «Lois Pereiro volve ao Incio».

Entre os que andaron os catro quilómetros e os que agardaron por eles ao final no camiño acabaron por xuntarse algo máis de duascentas persoas. Entre eles, amigos do autor de Poesía última de amor e enfermidade, como Manuel Rivas, Margarita Ledo ou Antón Reixa; e tamén estudosos da obra do escritor monfortino, como Marcos Calveiro, o autor da biografía recén editada Náufrago do paraíso.

A camiñada arrancou a media mañá coa lectura de Dous minutos dun baile de derviches, uns versos construídos sobre recordos da infancia na casa de Reádigos. «O noso avó Avelino -contou alí Xosé Manuel Pereiro- fixera a mili en África e gustáballe sintonizar emisoras de radio árabes».

O percorrido empezou puntual pero demorouse máis do previsto. Ao ritmo que marcaba un grupo de gaiteiros do Incio, os participantes foron facendo paradas para ler poemas en diferentes puntos do percorrido. Cando chegaron ao Viso, xuntáronse cos que os agardaban alí e camiñaron ata o cemiterio no que está enterrado Lois Pereiro. Ao pé da súa tumba, Antón Reixa evocou o gusto do escritor polo humor negro -«como dicía el, en Galicia non lle temos medo á morte, mirámola con furia»-, e afirmou que as múltiples conmemoracións deste ano lle confirman que «Lois está máis vivo que nunca».

Oito cancións

De volta no campo da festa, veciños e visitantes compartiron empanadas xunto aos cadros debuxados por Pedro Villarejo para ilustrar o libro-disco Oito cancións para oito poemas de Lois Pereiro, que sae estes días á venda. Nesta obra, Alexandro González ponlle música ás voces de autores diversos, de Uxía Senlle a Julián Hernández, pasando por Xosé Luis Rivas, Mini, ou Antón Patiño.

A música da fin de festa púxoa despois do xantar o cantautor Manuel Clavijo, que interpretou as cancións do seu último disco, todas con letras de poemas de Lois Pereiro.