Domingo Villar publica a versión inglesa de «A praia dos afogados»

X. F. redacción / la voz

CULTURA

08 abr 2011 . Actualizado a las 06:00 h.

Death on a Galician Shore é o título da versión en inglés de A praia dos afogados, a segunda novela do escritor galego Domingo Villar e publicada orixinariamente por Galaxia. O selo británico Abacus publicou onte o libro na tradución de Sonia Soto, tradutora tamén de Arturo Pérez-Reverte ao inglés.

O debut de Villar, Ollos de auga, tamén foi publicado en inglés no ano 2007, polo selo Arcadia, o que propiciou que houbese turistas británicos que ao arribar a Vigo chegasen cun exemplar á taberna Elixio, onde o inspector protagonista das novelas de Villar, Leo Caldas, adoita xantar.