A Asociación Galega de Editores premia este sábado os libros do ano

redacción / la voz

CULTURA

08 mar 2011 . Actualizado a las 06:00 h.

A Asociación Galega de Editores (AGE) entregará o sábado os seus premios na Deputación de Lugo. A AGE homenaxeará a quen foi director de Toxosoutos, Xosé Agrelo Hermo; Ir Indo e Hércules por cumprir 25 anos; e nomeará socio de honra a Alfonso García Sanmartín. A autor do ano son candidatos Neira Vilas, Pepe Carreiro e Marcos Calveiro.

Á distinción de libro de ficción aspiran Manuel Rivas, por Todo é silencio; Andrea Maceiras, por Violeta Tamurana, e Leonel Moura, por 30 gramos. En non ficción compiten Martín Álvarez, con Guía secreta da gastronomía de Galicia: Ourense; Elvira Fuente, con Parir a liberdade, e Xulio Gutiérrez e Nicolás Fernández, con Construtores. En poesía e teatro figuran Estremas, de Ana Romaní; De sombras e poemas que son casas, de Xosé M. Álvarez Cáccamo; Unha tempada no paraíso, de Claudio Rodríguez Fer, e Lois Pereiro con Poesía última de amor e enfermidade e Poemas.

Para rapaces

En literatura infantil e xuvenil, son candidatos Pinto e Chinto, con Contos para nenos que dormen deseguida; Ana Leyssen, con Tanake a princesa das bruxas, e Marc Taeger, con Tic tac. No libro educativo, Xoán López Viñas, con Gramática práctica da lingua galega; Á sombra dos anacardios, de Fortes e Mulazzani; Unha década de LIX, de Héitor Mera, e Un xornal na clase de matemáticas, de Cecilia Alvarellos. A mellor tradución sairá de Lóbrego romance, pálida phantasma, por Isabel Soto; 30 gramos, por Ramón Nicolás; Merlín no Bounty, por Carlos Acevedo; O libro da selva, por Rafael Salgueiro, ou Bilbao-NewYork-Bilbao, por Isaac Xubín. A mellor libro ilustrado aspiran Guía ilustrada da Galicia invisible, de Noemí López; Rodribrico, de Manuel Guisande e Xosé Tomás; Contos para nenos... de David Pintor; e Quéroche contar un conto, de alumnos do centro Aspanaex.