Callón gana o Vicente Risco cun estudo sobre a homosexualidade

la voz

Carlos Callón foi o ganador do premio Vicente Risco de ensaio cunha obra que investiga o cambio social na Idade Media e que converteu a tolerancia cara a homosexualidade en persecución.

Amigos e sodomitas. A configuración da homosexualidade na Idade Media foi o texto escollido polo xurado do premio e que, segundo o autor e presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, pretende demostrar que a historia da represión contra a homosexualidade comezou «nun momento en que as monarquías absolutas a utilizaron como arma arreboladiza contra quen consideraba os seus inimigos».

Segundo Callón, é unha obra na que investigou sobre documentos galegos e que, ao mesmo tempo, pretende ser unha obra de divulgación pero tamén de combate «nun momento no que volven a homofobia e a represión».

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos

Callón gana o Vicente Risco cun estudo sobre a homosexualidade