A cerimonia de entrega dos Premios Max terá lugar este ano en Córdoba, o vindeiro 9 de maio
10 feb 2011 . Actualizado a las 06:00 h.A SGAE (Sociedad de Autores e Editores) deu a coñecer onte os finalistas dos Premios Max, que repasan as producións escénicas españolas do pasado ano nas distintas categorías.
Tres autores galegos forman parte dos finalistas entre os autores das mellores obras do 2010. Son Santiago Cortegoso, por A filla de Woody Allen; Eduardo Alonso, por Glass City, e Quico Cadaval, por Shakespeare para ignorantes.
A cerimonia de entrega dos Premios Max terá lugar este ano en Córdoba, o vindeiro 9 de maio, e nela se decidirá cales foron os mellores traballos en cada unha das categorías das profesións escénicas.
As tres obras que compiten na categoría de mellor produción son Bodas de sangre, do Centro Andaluz de Teatro; El arte de la comedia, de La Abadía Teatro, e La función por hacer, de Kamikaze Teatro.
No apartado de danza, as tres finalistas son Despídete de ti, de Arrieritos Danza; Dies irae en el réquiem de Mozart, da Compañía Marta Carrasco, e Wonderland, de Víctor Ullate Ballet.
Os Premios Max anunciarán aínda unha categoría máis, destinada a salientar a montaxe ou grupo que foi revelación durante o pasado ano.