O PEN Club de Galicia apoia a candidatura de Xosé Luís Méndez Ferrín ao Nobel de Literatura

La Voz REDACCIÓN/LA VOZ.

CULTURA

Méndez Ferrín xa fora proposto para a distinción da Academia sueca en anos anteriores.

29 dic 2010 . Actualizado a las 02:00 h.

A directiva da sección galega do PEN Club celebrou onte en Santiago a derradeira sesión do 2010 para facer balance e analizar futuras accións. Na xuntanza acordouse promover e apoiar a candidatura para o Nobel de Literatura do presidente da Real Academia Galega, Xosé Luís Méndez Ferrín, recentemente galardoado co Premio Fernández Latorre, que concede La Voz. Méndez Ferrín xa fora proposto para a distinción da Academia sueca en anos anteriores.

Ademais, os membros do PEN Club acordaron pedir á Xunta que manteña a presenza de Galicia na Feria del Libro de Guadalajara, en México, considerada a máis importante das que se celebran en América Latina. Tamén se reclamará que se xestione a participación neste encontro do sector do libro de Galicia como cultura convidada, xa que por razóns históricas o mundo literario galego mantén importantes vínculos con América pola emigración e o exilio.