Vinte concellos participan na quinta edición do circuíto galego de maxia Nadal Máxico

La Voz SANTIAGO/LA VOZ.

CULTURA

O director xeral de Promoción e Difusión da Cultura, presentou onte este circuíto, que mostra ao público «a gran calidade da maxia creada en Galicia»

21 dic 2010 . Actualizado a las 02:00 h.

Un total de vinte concellos participan na quinta edición do Circuíto Galego de Maxia Nadal Máxico 2010, que, ata o 16 de xaneiro, organiza a consellería de Cultura e Turismo en colaboración con ditos concellos e a Asociación de Magos Profesionais de Galicia.

O director xeral de Promoción e Difusión da Cultura, Francisco López, presentou onte este circuíto, que mostra ao público «a gran calidade da maxia creada en Galicia» cun «alto grao de desenvolvemento» e «unha personalidade propia moi marcada». Redondela, Porto do Son e Baiona xa gozaron, desde o pasado día 17, do espectáculo, no que participan ilusionistas de diferentes estilos.

A maxia proseguirá, a partir do día 25, nos concellos de Arbo, Baños de Molgas, O Carballiño, Cervo, Carballo, Xove, Chantada, Monforte de Lemos, Vilanova de Arousa, As Pontes de García Rodríguez, O Barco de Valdeorras, Ribeira, Ortigueira, Meaño, Betanzos, Allariz e Ribadumia.