Armando Requeixo gaña o Premio Ánxel Fole por unha obra sobre Xosé Díaz Jácome

La Voz REDACCIÓN/LA VOZ.

CULTURA

O galardón, un dos máis prestixiosos existentes en Galicia, foi concedido por unanimidade a este traballo que profundiza na figura e na nobra do escritor mindoniense

28 oct 2010 . Actualizado a las 02:00 h.

O xurado do Premio Ánxel Fole, reunido onte na cidade de Lugo, anunciou que o gañador na súa edición número 24 é Armando Requeixo Cuba pola súa obra Xosé Díaz Jácome. Poeta e xornalista .

O galardón, un dos máis prestixiosos existentes en Galicia, foi concedido por unanimidade a este traballo que profundiza na figura e na nobra do escritor mindoniense, a quen estaba dedicada nesta ocasión o premio no centenario do seu nacemento. Ademais de anunciar o nome do gañador deste ano, o xurado suxeriu ás entidades convocantes que dediquen a próxima edición ao estudo da vida e da obra de José Almoina Mateos no 50 aniversario «do seu tráxico pasamento».