A Cátedra Valente publica unha colección de versos en homenaxe ao poeta

La Voz REDACCIÓN/LA VOZ.

CULTURA

O volume inclúe textos de Luz Pozo, Pere Gimferrer, Antonio Gamoneda, Olga Novo e Rodríguez Fer

09 oct 2010 . Actualizado a las 02:34 h.

Seis poetas para achegarse a un dos autores da poesía do silencio. Sobre esa tese está escrito Poetas con Valente, unha edición da Cátedra Valente da Universidade de Santiago que, ademais dos textos seleccionados, incorpora retratos de Sara Lamas.

Autores de varias xeracións en versión plurilingüe, pero todos eles cunha proximidade ambiental a José Ángel Valente, forman parte desta selección que pretende evidenciar o territorio e o legado poético do autor de No amanece el cantor. Luz Pozo Garza, Antonio Gamoneda, Pere Gimferrer, Claudio Rodríguez Fer, Olga Novo e Teresa Blanco de Saracho son os autores que incorporan os seus versos a Ourense, ese territorio marcado por Valente; e nalgúns casos, como o de Gamoneda, un territorio compartido por ambos escritores.

A selección de poemas de cada un dos autores participantes está realizada en función desa proximidade con José Ángel Valente. En algúns dos casos o volume funciona como unha selección de textos xa publicados polos autores presentes no libro, pero ademais o volume inclúe textos inéditos e tamén variacións sobre textos publicados.