Intentan situar o galego entre os temas máis tratados en Twitter en recordo de Manuel Lugrís

La Voz REDACCIÓN/LA VOZ.

CULTURA

Piden a todos os usuarios desa rede social que entre as 16 e as 17 horas de hoxe envíen arredor de oito comentarios sobre a lingua galega.

06 oct 2010 . Actualizado a las 02:19 h.

Situar o idioma galego nos trendig topics ou temas máis utilizados en Twitter, unha rede social que conta con máis de 145 millóns de usuarios, é o obxectivo que se pretende acadar hoxe coa conmemoración do primeiro mitin político en lingua galega do que se ten constancia, o discurso que o 6 de outubro de 1907 pronunciou o avogado coruñés Manuel Lugrís en Betanzos nun acto en favor de Solidaridade Galega e da unión de agricultores e gandeiros contra o caciquismo.

A iniciativa lanzouna Radiofusión, rede de emisoras municipais que pide a todos os galegos usuarios desa rede social que entre as 16 e as 17 horas envíen arredor de oito comentarios sobre a lingua galega.