A gañadora, que foi finalista do Premio Biblos-Pazos de Galicia 2010, recibirá 2.500 euros e a súa obra será publicada por Baía Edicións na súa colección Meiga Moira antes de finalizar o ano.
Por outra parte, o xurado valorou a alta calidade e cantidade das obras presentadas, «o que evidencia o extraordinario momento que vive a literatura en galego dirixida ao público infantil e o importante xermolo de escritoras e escritores que están dando para seguir facendo avanzar o galego como idioma literario e de uso vehicular entre os nenos».