A RAG recibe parte do legado de Xoán Vicente Viqueira enviado pola súa filla desde México

La Voz A CORUÑA/LA VOZ.

CULTURA

28 sep 2010 . Actualizado a las 02:00 h.

«É un pase da fronteira francesa, está asinado en San Sebastián no ano 1918». Isto comentaba onte o presidente da Real Academia Galega, Xosé Luís Méndez Ferrín, nada máis abrir un sobre entregado por Xosé Manuel Beiras e enviado por Luisa Viqueira. «Eu so fago de carteiro, así que non abrin o sobre», apuntaba Beiras, mentres Ferrín ía sacando do interior documentos de Xoán Vicente Viqueira enviados desde México pola súa filla. Ferrín asegurou que na sede da Academia «hai fantasmas do século XIX e outros do XX, hainos que se levan ben e outros que non, pero tamén están os que reclaman a presenza doutros fantasmas, doutras sombras, como a de Viqueira, do que xa tiñamos algunhas cousas», dixo amosando o título de licenciatura. O presidente da RAG lembrou a figura de Viqueira, o seu vínculo coa Coruña e que en 1974 foi o protagonista do Día das Letras Galegas. O material será catalogado e arquivado na RAG.