Un palmarés que recoñece e celebra a vinte e oito poetas e narradores moi recoñecidos

La Voz

CULTURA

18 sep 2010 . Actualizado a las 02:00 h.

O palmarés dos premios Rosalía de Castro, instituídos polo PEN de Galicia na etapa na que o presidía Carlos Casares, en 1996, está integrado por grandes autores das literaturas en castelán de España e Iberoamérica, portugués de Portugal, Brasil e África, en eúscaro e en catalá.

Nesta pléiade figuran narradores e poetas que faleceron dende que recibiron os galardóns, como é o caso Saramago e Torrente Ballester, premiados na primeira edición xunto con Joan Perucho e Bernardo Atxaga. Vázquez Montalbán, que recolleu o galardón en lingua castelá no ano 98 con Lobo Antunes, Miquel de Palol e Juan Mari Lekuona, tamén faleceu, ao igual que José Ángel Valente, premiado na terceira edición con Pere Gimferrer, Anjel Lertxundi e Sophia de Mello.

O Pen Clube de Galicia reuniu en Compostela no 2002 para recoller os Rosalía de Castro a Ernesto Sábato, Nélida Piñón, Ricard Salvat e Felipe Juaristi, e no 2004 distinguiu a Rubem Fonseca, Francisco Brines, Carme Riera e Ramón Saizarbitoria. Isabel Allende, Agustina Bessa Luís, Josep Palou i Fabre e Arantxa Urretabizkaia recibíronos no 2006 e no 2008 recaeron en Álvaro Mutis, Joan Margarit, Mia Couto e Jon Kortazar.