Editores, creadores e representantes da universidade participaron no acto

La Voz

CULTURA

21 jul 2010 . Actualizado a las 03:35 h.

Unha ampla representación da cultura de Galicia deuse cita onte no Museo Santiago Rey Fernández-Latorre e arroupou coa súa presenza á gañadora da décima edición do Premio de Novela por Entregas. Entre outras personalidades, estiveron no acto o conselleiro de Cultura, Roberto Varela, e o presidente da Real Academia Galega, Xosé Luís Méndez Ferrín.

O ámbito universitario e docente estivo representado, entre outros, por José María Barja, reitor da Universidade da Coruña; Juan Casares Long, o seu homólogo na Universidade de Santiago, e Xosé Luís Barreiro Rivas, entre outros.

Do sector editorial contouse coa presenza de Miguel Anxo Fernán Vello, Manuel Bragado, recentemente nomeado presidente dos editores de Galicia; Eduardo Riestra, Xurxo Patiño e Javier Vidal García-Sánchez, delegado da SGAE en Galicia.

Escritores e poetas

Como non podía ser doutro xeito, tamén a creación en estado puro compartiu mantel e faladoiro, cunha nutrida presenza de narradores e poetas. Foi o caso de Xavier Alcalá, Concha Blanco, María Canosa, Yolanda Castaño, o arquitecto Arturo Franco Taboada, Xosé Antonio Perozo, Luz Pozo Garza, Cesáreo Sánchez Iglesias, Miguel Anxo Murado, Ramón Pernas e Alberto Ramos, gañador da anterior edición do premio. O activo sector da creación gráfica e cinematográfica estivo representado na cea por Kiko da Silva, Siro López, Carlos López e David Pintor (Pinto & Chinto), o director e guionista Ángel de la Cruz e o actor Gustavo Pernas Cora.