«Ao escribir para nenos procuro tratalos como a iguais»

Beatriz Pallas REDACCIÓN/LA VOZ.

CULTURA

16 jun 2010 . Actualizado a las 02:00 h.

Xenaro volve. O rapaz que xogaba coas palabras en Xenaro e o misterio da mochilota verde (Premio Merlín 2008) regresa cunha historia misteriosa e detectivesca chea de sorpresas ata a última liña. Xenaro e a hucha do indiano é o segundo libro da escritora e xornalista Mar Guerra.

-Parece que Xenaro vai cobrando vida propia...

-Eu non pensaba en facer unha saga nin moito menos. Pero cando gañas o Merlín vas polos colexios facendo animación á lectura para falar cos nenos e responder as súas preguntas. Nestes encontros eles non paraban de preguntarme se ía facer outro Xenaro. Así que este libro naceu así, a demanda. Os nenos son marabillosos e absolutamente francos cando algo lles gusta ou non.

-Pero os xurados dos premios infantís normalmente compóñenos adultos.

-É certo que a única forma de saber se acertaches cun libro non son sequera as vendas, porque os nenos non mercan libros, senón cando vas por aí e falas con eles directamente.