O «Culturas» rende homenaxe ao poeta Uxío Novoneyra

La Voz REDACCIÓN.

CULTURA

14 may 2010 . Actualizado a las 02:00 h.

O Culturas que recibirán mañá os lectores de La Voz rende homenaxe a Uxío Novoneyra, a quen se lle dedica o Día das Letras Galegas. Grandes especialistas na súa vida e obra achégannos a todos os eidos do seu labor creativo: Henrique Rabuñal, Olga Novo, Manuel Castelao, Carmen Blanco, García Bodaño, Alonso Montero, María Lopo, Miguel Sande, Xosé Carlos Caneiro, Rodríguez-Fer, Ramón Nicolás e a filla do poeta, Branca Novoneyra. Ademais, inclúe fotografías, manuscritos e recupera unha entrevista que Olga Patiño lle fixo ao poeta en 1993 para Luzes de Galiza.