Ferrín repasa no «Culturas» tres meses de presidencia da Real Academia

La Voz

CULTURA

23 abr 2010 . Actualizado a las 02:00 h.

Tres meses despois de ser elixido para presidir a Real Academia Galega, Xosé Luís Méndez Ferrín concede unha ampla entrevista ao suplemento Culturas, que La Voz entrega mañá aos seus lectores. Na entrevista, asinada por Tucho Calvo, o escritor pasa revista ao papel da Academia e aos seus proxectos inmediatos, á grave situación que atravesa a nosa lingua («A perda do idioma existe, pero tamén o camiño para a súa recuperación»), á presenza da muller na institución e tamén ao momento no que se atopa a súa produción literaria («Un escribe cando ten necesidade de escribir. Se xa non escribise nada máis, non pasaría nada»).