Camilo Nogueira e Fermín Bouza, premios Pedrón de Ouro e Pedrón de Honra 2010

La Voz

CULTURA

17 abr 2010 . Actualizado a las 02:00 h.

O enxeñeiro, economista e político nacionalista Camilo Nogueira (Vigo, 1936) recibirá o Premio Pedrón de Honra 2010, concedido polo padroado da Fundación Pedrón de Ouro. Trátase dun galardón que distingue a unha personalidade ou entidade viva e residente en Galicia que teña destacado na defensa e promoción da cultura nacional durante o último ano ou ao longo da súa vida.

A esta concesión hai que sumar a do Pedrón de Honra 2010, que recaeu no catedrático de Socioloxía da Universidade Complutense de Madrid e escritor en lingua galega Fermín Bouza Álvarez (Santiago, 1946) «pola súa traxectoria e a súa defensa irredutible da lingua galega desde todas as tribunas nas que participa».

A entrega destes galardóns terá lugar o próximo 23 de maio nun acto literario que se celebrará na Casa Museo de Rosalía, en Padrón. Contará ademais coa participación do catedrático de Historia Contemporánea da USC Xusto Beramendi.