«Eu xa fago pequenas tolerías deste tipo, non é nada incoherente na miña traxectoria. Gústame facer cousas con máis valor social que mercantil», explica Carlos Santiago.
O segundo dos títulos presentados na colección foi Trece xogos , de Mingolo Alborés, unha historia sobre o mundo do xogo na taberna; e o último deles, O decimo terceiro mes , de Raquel Miragaia, unha historia de amor que nace entre copas de viño. «Os dous libros seguintes irán por camiños máis humorísticos», di o editor, que destaca o especial ambiente que se crea nas presentacións de cada obra, que tamén teñen lugar neste local de clientela bohemia e variopinta.