Unha asemblea que repartirá a súa celebración entre A Coruña e Santiago

La Voz

CULTURA

23 mar 2010 . Actualizado a las 02:00 h.

A Fundación Seoane e o Consello da Cultura Galega repartirán as xornadas de celebración do congreso que terá lugar entre o 6 e o 9 de abril baixo o título Luís Seoane. Galicia-Arxentina: unha dobre cidadanía. O prazo para inscribirse xa está aberto e hai un límite de 100 prazas. As dúas raíces . Segundo Villares, o punto de partida do congreso é a explicación dada polo propio Seoane a propósito da súa dobre raíz galega e arxentina. Participarán poñentes arxentinos -Beatriz Sarlo, Fernando Devoto, Diana Wechsler- e poñentes galegos -Xosé Núñez Seixas, Rosario Portela, Xosé Luis Axeitos, Antón Patiño, Xusto Beramendi, Arturo Casas e Xosé Luís Méndez Ferrín-. Exposición «A configuración do mito». Terá lugar na Fundación Seoane entre o 9 de abril e o 11 de xullo. Aproveita os fondos da fundación para ofrecer unha visión de conxunto da obra de Seoane.

Setembro 2010. Fundación Caixa Galicia, en A Coruña. Xaneiro 2011, Circulo Bellas Artes, en Madrid.

Terá lugar en maio na Facultade de Belas Artes, en Pontevedra.

Outubro 2010. Facultade de Comunicación, en Santiago.

Novembro 2010. Escola de Arquitectura, en A Coruña.