Poesía para tempos de moita crise

Camilo Franco

CULTURA

Poetas galegos de catro xeracións diferentes analizan o papel que xoga a creación na sociedade actual

22 mar 2010 . Actualizado a las 02:00 h.

Quizais no porvir inmediato o Día Mundial da Poesía sexa como o Día do Pai: un día para que o comercio se alegre de que exista. Entretanto, serve para que alguén se lembre de que hai algo difícil de explicar dende o punto de vista da economía de mercado e que, aínda, xusto neste día case todo o mundo queira encontrarlle una explicación.

Tres preguntas (para catro poetas doutras tantas xeracións) que poden ser entendidas como provocación contra o santoral ou como desculpa para a poesía, para lembrar que tamén existe e que leva moito máis tempo entre nós que a crise. Iso sen chegar á conclusión metafísica de que poderían ser a mesma cousa.

1. ¿Como falar de poesía cando a xente non chega a fin de mes?

2. ¿Como falar de poeseía cando non é seguro que a xente queira escoitar?