«Os oficios de Chuquelo», a nova historia para cativos de Pinto&Chinto protagonizada por un can

La Voz

CULTURA

Explican sus autores que en certo sentido este can é como «a outra cara de tantos cans protagonistas e que tanto axudan aos humanos en profesións como a de policía ou a de bombeiro».

17 feb 2010 . Actualizado a las 02:55 h.

Chuquelo é o can protagonista da nova entrega literaria para cativos de Pinto & Chinto, os humoristas gráficos deste xornal. É un can singular con algúns problemas para encontrar un traballo no que desenvolver as súas calidades e aquelas que son máis habituais nos cadelos non son as que mellor se lle dan.

Explican Pinto & Chinto que en certo sentido este can é como «a outra cara de tantos cans protagonistas e que tanto axudan aos humanos en profesións como a de policía ou a de bombeiro». Este, segundo o dúo, é «un can con problemas de traballo estable e que, para compensar os seus fracasos, ten un comportamento moi humano: utiliza a comida para compensar».

A comida de Chuquelo é cen por cen canina e cada vez que unha das profesións nas que proba lle reporta un fracaso «dáse un atracón de ósos». Unha medida compensatoria que, segundo Pinto & Chinto, «podería ser con xeado no caso dos humanos». O novo libro dos humoristas, publicado por Galaxia na súa colección Árbore, conta a insistencia e os sucesivos fracasos do can, pero advirten os autores que non hai que temer traxedias: «hai un final feliz porque onde menos espera o can encontra unha posibilidade profesional moi boa».