Á sombra da semente de Brais Pinto

CULTURA

Unha exposición amosa na Coruña a pegada cultural e social daquel xermen que un feixe de rapaces plantaron en Madrid co nome dun afiador de Nogueira de Muñiz

05 feb 2010 . Actualizado a las 02:00 h.

Facían magostos na beira do río Manzanares, celebraban o centenario da voda de Rosalía e Murguía cun encendido discurso de Otero Pedrayo, votaban a andar a editorial Brais Pinto. «Faciamos moitas gansadas, coma mozos que éramos». Era a vida en Madrid, a finais dos anos cincuenta, dun feixe de rapaces galegos de vinte e poucos anos e chamados Xosé Fernández Ferreiro, Xosé Luís Méndez Ferrín, Herminio Barreiro, Bautista Álvarez, Bernardino Graña, César Arias, Ramón Lorenzo, Raimundo Patiño ou Aleixandre Cribeiro. Eran os compoñentes do grupo Brais Pinto «aínda que eles mesmos non lle daban importancia o que facían», decía onte María Xosé Bravo, concellala de Cultura na Coruña, na presentación da exposición Brais Pinto o afiador revolucionario.

A mostra, que estará aberta ata o día 27 destes mes na casa-museo Casares Quiroga, fixo posible que na chuviosa tarde-noite de onte tivera lugar un novo reencontro dos compoñentes deste colectivo; tamén permite ver a pegada na literatura, no cine, na filosofía, na política ou nas artes plásticas que aquel xermen sementado en Madrid por aqueles mozos acabou tendo na cultura e sociedade gallega, desde a Escola da Tebra ou a nova narrativa ata a fundación da UPG .

Herminio Barreiro abriu onte un turno de intervencións no que Bernardino Graña fixo rir o público que enchía a sala: «Eu teño máis pelo que todos». Despois de 52 anos, «seguimos preguntándonos que é a vida», un sentimento que Fernández Ferreiro compartía: «Seguimos pensando igual que pensabamos entonces», dixo, despois de lembrar que él fora o inventor do nome do grupo.

«Brais Pinto fue un humilde afilador de Nogueira de Ramuin (Ourense). Un afilador que dio la vuelta al mundo. Hombre de muchos y largos caminos. Intrépido, vagabundo. Gallego siempre». Isto escribía Ferreiro, baixo o seudónimo de Crespón Azul e dando resposta a todos aqueles que preguntaban pola orixe do nome da editorial. «Salió de su pueblo a los 20 años, hacia 1900 -leese na entrada da exposición-. Y jamás ha vuelto a el. Murió sin volver a los 80 años», atropellado por un tranvía na praza da Cibeles, en Madrid, lembraban onte as comisarias da mostra, Xulia Santiso e Patricia Amil.

Ferreiro, natural tamén de Nogueira de Ramuin, seguía escribindo: «En el fin del mundo, el inquieto nómada Brais Pinto se sentía cerca de Galicia y de su pueblo porque Galicia estaba dentro de sí como la muerte, como su sangre vieja, fuerte, gallega, milenaria».

Desa aventura do grupo falaba onte Bautista Álvarez: «Tratamos de organizar o nacionalismo galego» e pedía que aquel espírituo de loita «sea un exemplo para as xeracións de hoxe». Ao seu carón, Ferrín lembraba que Patiño «decía que tiñamos vocación de molusco, de percebe» pola súa actividade grupal. Para o presidente da RAG, o grupo deu lugar a unha renovación política -«Piñeiro decretara a derrota da nación»-, salientou que «o pulso renovador vese na literatura, na pintura» e lembrou que Seoane «reloucaba cando lle deciamos que a pintura galega non podía ser Colmeiro, con todolos respetos». Rematou César Árias cun desexo: «Que non vos chamen nunca paizocos por falar unha lingua».