A última entrega de «Doraemon» xa está no mercado

Redacción dixital

CULTURA

A Secretaría Xeral de Política Lingüística facilitou a dobraxe desta película de animación dirixida aos máis pequenos co fin de promover o lecer infantil no idioma propio.

03 jun 2009 . Actualizado a las 21:50 h.

Doraemon. Odisea no espazo, o novo título en galego desta exitosa serie de debuxos animados, xa está dispoñible en deuvedé nas principais cadeas comerciais de Galicia e do resto de Estado.

Nesta ocasión, Doraemon e o seu inseparable compañeiro Nobita regresan cunha aventura moi espacial na que demostran que o universo non ten segredos para eles. Ademais da dobrada al galego, a cinta tamén ofrece unha versión en castelán, catalán e éuscaro.

Recentemente tamén chegou ao mercado Shin Chan. A guerra dos balnearios, a última entrega desta outra exitosa serie para os máis pequenos da casa. A Secretaría Xeral de Política Lingüística promove estas dobraxes ao galego co obxectivo de contribuír a ampliar a oferta no idioma propio dos productos de lecer de maior éxito no mercado.

Así mesmo, está previsto que as xestións de Política Lingüística coas principais distribuidoras permitan que, ao longo deste ano, saian á venda outros produtos de animación audiovisual coa banda sonora en galego, centrados no público máis novo. A oferta de filmes en lingua galega pode consultarse na web www.xunta.es/linguagalega/cine_en_galego.