España pedirá de novo á Eurocámara que admita o uso do galego no pleno

Juan Oliver

CULTURA

O Goberno asina outro convenio co tribunal da UE para lle enviar traducidas as peticións cidadáns de información

28 abr 2009 . Actualizado a las 02:00 h.

O Goberno español vai plantexar de novo ao Parlamento Europeo a posibilidade de que os eurodiputados españoles empreguen as línguas cooficiais no plenario, unha facilidade que xa tentou sen éxito na anterior lexislatura. Así o anunciou onte en Luxemburgo o secretario de Estado para a UE, Diego López Garrido, quen asinou nesa cidade un convenio que permitirá aos cidadáns dirixirse e recibir resposta en galego, catalán e éuscaro nas súas comunicacións co Tribunal de Xustiza das Comunidades Europeas.

Co Tribunal xa son sete as institucións comunitarias coas que España ten asinados acordos para facilitar o uso dos idiomas cooficiais, pagando todos os custos derivados da necesaria traducción xa que o galego, o catalán e o éuscaro seguen sen ter a consideración de línguas de traballo da UE.

A Comisión, o Parlamento, o Defensor do Pobo e o Comité Económico e Social, como sucede no caso da Corte de Xustiza, admiten o seu emprego nas súas comunicacións directas cos administrados. O Consello da UE o permite previo aviso ede sete semanas nas reunións oficiais de ministros. E o Comité das Rexións, nas súas sesións plenarias, nas que a traducción simultánea ao galego está dispoñible desde o ano 2005. No 2006, e tras asinar os acordos co Consello, a Comisión e o Comité das Rexións, España pedíu ao Europarlamento que permitira tamén aos diputados falar galego, catalán e éuscaro nos plenos e comisións, algo que non se permite no Congreso español. A Mesa da Eurocámara rexeitou a petición por un só voto, e limitouse a aceptar que os cidadáns poideran enviar e recibir correspondencia ao Parlamento e aos seus membros nas tres línguas cooficiais.

«Seguiremos intentándolo»

«Seguiremos intentándolo», dixo onte López Garrido, quen asumíu que o semestre da Presidencia española da Unión, entre o 1 de xaneiro e o 30 de xuño do 2010, pode ser o mellor periodo para a nova tentativa. Aínda así, o secretario de Estado recoñeceu que a decisión final só «dependerá de la Mesa del Parlamento Europeo».

No caso do acordo do Tribunal, López Garrido calificouno como «una demostración de la voluntad y del compromiso del Gobierno español con las comunidades autónomas que tienen una lengua propia, con el fin de darles voz en?las instituciones de la Unión».

Fontes do Tribunal de Xustiza recordaron onte que o pacto permitirá aos galegos recabar información na súa língua a esa institución, pero sempre e cando as peticións non se refiran a «escritos de carácter jurisdiccional, a los relativos a la aplicación de una norma legal, y a los que tengan por objeto, directa o indirectamente, la obtención de una ventaja, como por ejemplo una subvención; de un beneficio, como por ejemplo la asignación de un contrato público, o la atribución de una función, como la candidatura a un puesto de trabajo».

O acordo establece que as personas que desexen dirixirse ao Tribunal nas línguas cooficiais de España deberán remitir a súa misiva á Oficiña para as Línguas Oficiais do Ministerio de Política Territorial, que a traducirá ao castelán e a remitirá ao Tribunal. Éste redactará a resposta tamén en castelán, e a enviará de volta á Oficiña para que esta, de novo, a traduza e a remita ao interesado.

Ademáis do considerable incremento do tempo de atención ao cidadán, para quen defenden que as línguas cooficiais deben acadar o estatus de idiomas de traballo da UE o sistema ten varios defectos. O máis importante, que pon en manos das institucións españolas a tramitación de asuntos que poden referirse a elas. Como sucedería, por exemplo, cunha hipotética queixa sobre o funcionamento da Oficiña para as Línguas Oficiais.