Unha parte do traballo de Mini e Mero durante estes anos foi recoller, o que significa, segundo explican, que «hai que escoitar moito, haque gañar a confianza da xente, porque hai veces que as persoas non lle dan valor aos cantos vellos».
A segunda parte do traballo do dúo e a divulgación deste patrimonio e, neste sentido, Mini e Mero levan anos dando a coñecer o que xa debería ser coñecido. O mesmo cantan en asociacións de veciños que en teatros e auditorios, explican parte por parte o seu repertorio para demostrar ata que punto pode dar si.