A Editorial Trifolium publicará as memorias da actriz María Casares

La Voz

CULTURA

19 feb 2009 . Actualizado a las 02:00 h.

Na segunda semana de marzo a Editorial Trifolium publicará as memorias da actriz galega e exiliada en Francia María Casares.

Baixo o título de Residencia privilexiada, as memorias preséntase por primeira vez en galego para contar unha carreira que se desenvolveu completamente en Francia e que lle permitiu coñecer aos grandes nomes da segunda metade do século XX francés, desde Camille Claudel a Jean Genet, pasando polos anos de relación co escritor Albert Camus. Filla de Santiago Casares Quiroga, presidente do consello de ministros na República, tivo que marchar a Francia cando o seu pai se exiliou por causa do triunfo franquista.