-¿Que lle parece o tema desta edición, o amor?
-É un tema precioso, porque ademais o amor é, como quen di, a vida. Paréceme un tema que o engloba todo. Nas grandes novelas sempre está o amor presente.
-¿Percibe ese bo momento da literatura infantil de que se fala?
-Algo de verdade haberá. Non hai máis que mirar ao Premio Nacional deste ano, Agustín Fernández Paz. É a cuarta vez que se lle da a un galego, e creo que eso fala de saúde. E iso escribindo en galego, co que hai premios aos que non tes nin opción. Ademais, creo que interesa fóra, hai editoriais que queren traducir. E iso é bo sinal. A principios dos noventa falábase do bum, da explosión da literatura infantil e xuvenil, pero hoxe é algo máis, é unha consolidación.