Vinte e cinco obras optan ao Premio Blanco Amor de novela longa

La Voz

CULTURA

21 ene 2009 . Actualizado a las 02:02 h.

Vinte e cinco obras presentáronse á edición número 27 do Premio Blanco Amor de novela longa, que este ano organiza o Concello de Burela.

A concelleira de Cultura, Neves Cando, afirmou que se mantén o nivel doutras edicións. Tamén deu a coñecer a composición do xurado, que estará formado por «autores e autoras, críticos e críticas literarios de recoñecida valía que son xente nova», e vinculados á Mariña luguesa. Así, estará a gañadora da edición pasada, Inma López Silva; o poeta e doutor en filoloxía galega Emilio Insua; a poeta e xornalista Olaia Cociña; o escritor Santiago Jaureguízar, e o investigador Armando Requeixo.

O gañador darase a coñecer a principios de abril.