Unha cita que deberá confluír co Culturgal

La Voz

CULTURA

17 ene 2009 . Actualizado a las 02:00 h.

Nsaio é un proxecto promovido por Vicepresidencia e que na súa fase máis ampla desenvolveuse durante o 2008. Alberto García considera que a cita de hoxe en Compostela «é un fin de curso imprescindible que completa os traballos de visibilidade para os grupos que participan da rede».

O responsable considera que a minifeira que se celebra hoxe «debería confluír no futuro coa celebración de Culturgal para que houbese unha retroalimentación entre as dúas convocatorias». Alberto García explica que para esta edición última do Culturgal «foi imposible organizar o que a rede denomina casting, pero sinala que se fixeron «algunhas experiencias de encontro entre músicos e programadores que funcionaron bastante ben no stand da feira cultural».

Como aliciente para as bandas participantes neste encontro, o que ofrece para os que finalmente sexan seleccionados é actuacións na Rede Galega de Música ao Vivo, concertos do programa do Xacobeo para este ano e tamén aparicións no programa musical que Televisión de Galicia comezará a emitir en breve e que levará por título Banda curta .

A xornada comezará ás dez da mañá e para despois das sete da tarde está programado o concerto de fin de festa, no que participará unha combinación de bandas novas e veteranas do panorama galego, Ruxe Ruxe, Chámalle Xis, Equilibrio H e Mito Crónico.