Dos literatos franceses a Lou Reed e o cinema

La Voz

CULTURA

17 ene 2009 . Actualizado a las 02:00 h.

A notable influencia de Edgar Allan Poe entre escritores remóntase xa á propia época do escritor. En Francia goza dunha notable popularidade por mor da atracción que a súa obra exerceu noutro escritor, á súa vez unha figura de referencia: Charles Baudelaire. O seu paisano Jules Verne tamén quedou tan engaiolado co universo do norteamericano que mesmo chegou a escribir unha continuación dunha das súas historias. Igualmente, a novela negra e os detectives literarios non serían o mesmo sen o seu personaxe Auguste Dupin.

Pero esta influencia non se limitou só ás letras. O cinema aliméntase incansablemente do seu imaxinario, como demostra un estudo de Don G. Smith que analiza 81 adaptacións cinematográficas ou teatrais de 31 países diferentes realizadas entre 1908 e 1992.

Na música popular, Lou Reed retratou a súa visión de Poe en The Raven, mentres que onte mesmo Eric Woolfson, cofundador de Alan Parsons Project, presentou o musical Edgar Allan Poe.